Aguete acollerá un 'cumio' do paddle surf coa celebración do Aguete SUP Race
Por Redacción
A praia de Aguete converterase no epicentro do paddle surf de toda España este sábado 6 de xullo. Será coa celebración da Aguete SUP Race.
Este evento deportivo, que engloba varias probas, atraerá ata Marín disciplina procedentes non só dos mellores clubs de Galicia, senón tamén de Barcelona, Llanes, Mallorca, Alicante ou Euskadi.
A programación inclúe o Campionato de España de Resistencia, na que os corredores farán unha distancia de 21 quilómetros, e a Copa de España de Longa Distancia, de 10,5 quilómetros.
Desta última proba, tamén se disputará o nivel autonómico, polo que dos resultados desta proba sairá o campión galego nesta modalidade.
En todos os casos haberá categoría infantil, na que se rebaixan as distancias.
Tamén se celebrará a Copa Xunta de Galicia, puntuable para a liga galega de paddle surf.