Jesús Cambil chega ao Pontevedra desde o Guijuelo
![Ramiro](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/a72/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/6352bc9a23-20140207-patxot-ramiro-020.jpg)
Por Ramiro Espiño
Tarde movida no seo do Pontevedra, que nada máis anunciar que Toño Calvo non renovaría, fixo oficial a contratación dun xogador chamado a ocupar a súa posición no centro do campo granate. Trátase de Jesús Cambil, xogador de orixe granadino, de 25 anos, que a pasada tempada militou nas filas do Guijuelo, co que se clasificou cuarto, no mesmo grupo que os de Yago Iglesias.
Cambil, que se enfrontou ao Pontevedra nos dous partidos da pasada tempada, é un centrocampista de non demasiada estatura (1,70 metros), pero dun gran poderío físico. Con 19 anos debutou en segunda B (tempada 2018/19), pasando logo a xogar no Huétor Tájar, Córdoba B, Real Jaén, CD. Toledo e Utebo, desde onde pasaría a temporada pasada ao Guijuelo salmantino.
Ademais das renovacións de Borja Domínguez (automática por contrato) Churre, Álex González, Yelko Pino e Mario Gómez, a de Cambil trátase da terceira incorporación nova, uníndose ás fichaxes xa confirmadas de Javi Fontán e Héctor Hernández, co que o plantel que terá Yago Iglesias baixo as súas ordes vai tomando forma desde atrás cara á zona dianteira, na que, pendentes do que suceda coa continuidade ou non de Rufo, fará falta reforzar o eixo do ataque.
Relacionadas:
-
O 'pichichi' Rufo renova un ano máis co Pontevedra
Por Almu Dapena |
-
Marcos Barbeiro non continuará no Pontevedra
Por Almu Dapena |
-
Relativa sorpresa no Pontevedra ao confirmar a baixa de Toño Calvo
Por Ramiro Espiño |
-
Galegos, asturianos, cántabros e castelán leoneses serán os rivais do Pontevedra na Segunda RFEF
Por Alejandro Espiño |
-
Javi Fontán, segunda fichaxe dun Pontevedra que se despide de Ángel Bastos
Por Almu Dapena |
-
Mario Gómez renova co Pontevedra por unha tempada máis
Por Almu Dapena |