O pontevedrés Pablo Quintana reina no Campionato Galego de Squash
Por Redacción
O Campionato Galego de Squash tivo acento pontevedrés grazas sobre todo á actuación de Pablo Quintana.
O xogador da Boa Vila proclamouse campión galego absoluto no torneo celebrado durante a fin de semana nas instalacións do Squash Santiago, no Millladoiro.
Quintana realizou unha notable competición vencendo todos os seus encontros por 3-0. Primeiro fíxoo fronte a Iago Noya (Vigo) e despois a Brais Carreira e Lucas Castillo (Santiago). Na final pola súa banda esperáballe un compañeiro de adestramento, Pascal Gómez (Academia Borja Golán), ao que tamén superou con autoridade.
Non foi a única medalla pontevedresa do Campionato Gallego, xa que Víctor Reguera finalizou no terceiro posto masculino, mentres que Pablo Caínzos despediuse en cuartos de final e Jose Caínzos fíxoo no duelo de oitavos de final.
A campioa galega feminina foi Inés Gómez (Santiago).
Relacionadas:
-
Squash Rías Baixas, o nacemento dun club para "tentar rescatar" o seu deporte en Pontevedra
Por Diego Espiño & Mónica Patxot |
-
O pontevedrés Pablo Caínzos, subcampión galego de squash
Por Redacción |
-
"Emoción" no Squash Pontevedra pola inclusión do seu deporte no programa olímpico: "Para nós é un boom"
Por Diego Espiño |