Enfermaría baleira por primeira vez na era Manu Fernández
Por Diego Espiño
Dende a xornada 8, o pasado 13 de outubro, na que asumiu o cargo de primeiro adestrador do Pontevedra Club de Fútbol, Manu Fernández nunca tivera a todos os seus futbolistas dispoñibles para afrontar un choque ligueiro, unha circunstancia que á fin se dá esta semana.
O técnico granate viu como a enfermaría se baleirou por completo, unha vez que Luismi e Pedro Crespo se reincoporaron ao grupo en plenas condicións e, salvo contratempo, non habá baixas para recibir o próximo domingo (16:30 horas) ao Betanzos en Pasarón.
Só Benja, por problemas estomacais, non rematou a primeira sesión da semana, un lixeiro contratempo que non lle impedirá continuar exercitándose co grupo.
Así as cousas as complicacións chegan en forma de "más quebraderos de cabeza para hacer la convocatoria, pero eso es bueno", sentenciou o preparador lerezano.
Antes, este xoves ás 21:30 horas, os granates xogarán ante o Marín en San Pedro a primeira eliminatoria da Copa Deputación, un partido que servirá para "probar a la gente que necesita minutos y a varios chicos del filial".
Entre eses xogadores con menos ritmo de xogo encóntrase a fichaxe invernal do Pontevedra, Pedro Crespo, que debutará oficialmente no campo marinense, segundo confirmou Manu Fernández.
Relacionadas:
-
Goleada e partidazo do Pontevedra (1-4) en As Pontes
Por Ramiro Espiño & Diego Torrado | Creada e actualizada