Albert Homs deixa o Peixe Galego ao ser reclamado polo Obradoiro
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
A saída Mike Muscala do Obradoiro e as lesións no equipo santiagués provocaron que o club compostelán decidise repescar Albert Homs, xogador que pertence ao Obradoiro pero que se encontraba cedido esta tempada no Marín Peixe Galego da Adecco Prata.
Desta forma o equipo de Javi Llorente queda sen o aleiro, que alcanzaba esta tempada 9,4 puntos e 5,1 rebotes por partido.
Dende o club 'peixe' accederon á petición obradorista, declarando sentirse "orgullosos de haber podido disfrutar del joven Albert", ao que lle queren transmitir "el cariño y el gran hueco que deja en la afición y entre sus compañeros y técnicos".
Agora o Peixe Galego ten dous días para pechar a contratación dun xogador que cubra o oco deixado por Albert Homs antes de que se peche oficialmente o mercado de fichaxes.