Convocatoria da xuntanza anual de "Amigos do Pontevedra C.F."
Por Ramiro Espiño
Un ano máis os "Amigos do Pontevedra C.F." teñen a súa cita tradicional coa xuntanza que realizarán o venres, día 7 de marzo, e que como vén sendo habitual desde moitos anos atrás, congregará a un bo número de directivos, exdirectivos, xogadores de diferentes épocas e afeccionados, para volver compartir anécdotas, vivencias e tamén ilusións sobre o club granate.
Como vén sendo norma, o comité organizador da Xuntanza, integrado por Manolo Barreiro, Juan Abal e Jorge Pedrosa, anuncia que o programa de actos comezará ás 13.30 horas, coa tradicional misa no Santuario da Peregrína, en recordo de falecidos e familiares.
Posteriormente levarase a cabo unha comida de confraternidad, que este ano terá como marco o Hotel Rías Baixas, de Pontevedra, á que asistirán, entre outros, ex-xogadores como Tito Estévez, Guillermo, Ceresuela, Pirelo, Rebeca, Carregal, Ferradás e Cholo.
Ás sobremesas, ademais da habitual e animada charla na que, como é lóxico, o eixe central constitúeo o Pontevedra, a súa historia, presente e futuro, haberá tamén un sorteo de agasallos entre os asistentes.
Calquera persoa que desexe asistir deberá inscribirse chamando aos teléfonos 606 398 992 (Juan) ó 649 981 903 (Manolo). O prezo da comida é de 30 euros por persoa.