Terceiro posto para a Gimnástica no Nacional de Clubs de Medio Maratón
Por Redacción
Non estaban algúns dos atletas da especialidade máis destacados, pero non por iso é menos mérito o terceiro posto logrado polos atletas da Sociedad Gimnástica no Campionato de España de Clubs de Medio Maratón.
O Nacional, que se celebrou conxuntamente coa carreira popular Coruña 21 na cidade herculina, reuniu preto de 1.800 atletas.
O equipo lerezano estivo formado por Ramón Serantes, Rubén Diz, Robertas Geralavicius, Fran Iglesias e Martin Taín, sumando os tres primeiros atletas en entrar en meta un tempo de 3 horas, 29 minutos e 56 segundos, grazas ao décimo oitavo posto de Rubén Diz (1:09:10), o vixésimo de Geralavicius (1:09:30) e o trixésimo primeiro de Ramón Serantes (1:11:07).
Ademais o propio Serantes foi prata en Veteráns na categoría de maiores de 45 anos e Martín Taín finalizou en primeiro lugar en Promesa.