O Leis perde en Burela (2-0) e ve como se aperta a clasificación
Por Redacción
O empate entre Santiago Futsal B e Coruxo permite ao Leis Pontevedra manter o liderado da Terceira División do Fútbol Sala a pesar da súa derrota na pista do Burela B (2-0).
A clasificación apértase, pois a vantaxe dos de Manu Cossío co segundo da táboa se reduce a un punto e co terceiro a seis na recta final da competición.
En canto ao relativo ao encontro, o filial do Burela impuxo un ritmo alto e unha presión asfixiante que non soubo manexar o Leis.
Así os locais se adelnataron antes do descanso por medio de Manuel, e aínda que os lerezanos o intentaron na recta final do encontro, unha perda de balón cando xa xogaban con porteiro-xogador permitiu aos lucenses sentenciar co 2-0.
ÿ a cuarta semana sen gañar do Leis, que a próxima xornada recibe no Municipal á Estrada FS.
BURELA B (2): Javier, Aitor, Diego, Xoel, Manuel (1), Bruno, Francisco, Antonio (1), Diego, Hélder, Brais.
LEIS PONTEVEDRA (0): Abadín, Márquez, Dani, Gustavo, Sergio Martínez, Sergio García, Pablo Durán, Barcala, Miguel López, Cabaleiro, Pocho.
Árbitros: Amor Vizoso e Pena Pereira (Ferrol).