Jorge Fernández dálle os tres puntos ao Villalonga ante o Melias (0-1)
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
O Villalonga consolídase na cuarta praza despois de vencer no campo de Melias (0-1).
Os de Jualián Ferreiro formularon un encontro moi serio e aproveitáronse do gol do seu dianteiro Jorge Fernández aos 32 minutos para asegurarse tres importantes puntos.
O Melias intentouno no segundo acto, pero non foi capaz de bater a un Lloves que segue sen encaixar un só tanto dende a súa estrea cos celestes.
Tamén tivo opcións para sentenciar á contra o Villalonga, pero o marcador xa non se moveu.
SD MELIAS (0): Aarón, Joshua (Andrés, min.79), Pena, Adrián, Dani Vázquez, Oliveira, Cabrera, Gil, Antón (Dani García, min.86), Iglesias (Alberto, min.73), Jonatan (Docampo, min.83).
VILLALONGA FC (1): Lloves, Leo, Cristóbal, Manu, Caamaño (Giao, min.76), Jorge Fernández (Gabriel, min.89), Alberto, Adrián Santos, Héctor (Saúl, min.46), Arias, Antonio.
Árbitro: Soto Pérez (Santiago). Amoestou aos locais Joshua, Iglesias, Antón e Adrián e aos visitantes Lloves, Leo, Adrián Santos, Antonio e Saúl.
Gol: 0-1 Jorge Fernñandez de penalti, min.32.
Incidencias: Partido dispuado no campo de Abelleira, Melias.