Liderado para o Sanxenxo tras o seu triunfo no Barco (0-2)
Por Redacción
O Sanxenxo tirou de pegada na súa visita ao CD Barco (0-2) para ascender á primeira posición da Rexional Preferente.
Os amarelos aproveitan así o tropezo do Ribadumia co que é o seu catro triunfo consecutivo a domicilio.
No Barco o Sanxenxo mostrouse como un equipo moi sólido que apenas pasou apuros para aproveitar despois as súas dúas ocasións máis claras para sentenciar o partido.
Diego Blanco adiantou os de ÿscar García aos 15 minutos, mentres Cuchi fixo o segundo no 60.
CD BARCO (0): Macía, Guntiñas (Marcones, min.56), Rubén, Adrián (Ramos, min.67), Rivadulla, Lamas, Diego, Borja (Godfred, min.85), Ekedi (Brais, min.67), Recamán, Diego Tato.
XUVENTÿ SANXENXO (2): José, Dario, Fon, Javi, Tinaia, Deivi (Pablo, min.75), Diego Blanco, Cuchi (Minso, min.85), Nel (Aguín, min.84), Cañi, Cerqueiras (Robert, min.63).
Árbitro: Finsa Seoane (Ferrol). Amoestou a Diego, Ribadulla, Borja, Ekedi, Diego Tato e Marcones nos locais e a Cerqueiras e Fon nos visitantes.
Goles: 0-1 Diego Blanco, min.15; 0-2 Cuchi, min.60.
Incidencias: Partido disputado no campo de Calabagueiros.