Un contundente Peixe Galego gaña ao Araberri (88-55) e xa pensa no play-off
Por Redacción
Despois de ter sufrido os seus altos e os seus baixos ao longo da tempada o Peixe Galego, a falta de seis partidos para finalizar a liga regular, asegurouse virtualmente a permanencia na Adecco Prata despois de arrastrar o Araberri vasco na Raña (88-55).
Os de Marín, despois dun primeiro cuarto de igualdade (17-19), mostráronse moi superiores ao seu rival, principalmente sobre a base do seu acerto no tiro, dun 74% nos lanzamentos de dous puntos, no que tamén contribuíu a última fichaxe 'peixe', o pívot Djim Bandoumel, con sete puntos.
Así os de Javi Llorente certificaron sen excesivos apuros un triunfo que lles confirma en postos de play-off, xa que quedan no oitavo lugar da clasificación con oito partidos gañados e once perdidos.
MARÍN PEIXE GALEGO (88): Manu Ferreiro (5), Lucho Fernández (8), Gregorio Adón (12), Aramburu (24), Albert Homs (7) -cinco inicial- Darío Suárez (5), Bandoumel (7), Luis González (3), Cedric Belemene (2), Dirugeris (8).
ARABERRI (55): Stela (4), Portalez (11), Carrera (2), Raya (2), Story (7) -cinco inicial- Zamora (2), Uriarte (3), Lorenzo (2), Arcelus (2), Buesa (20), Eduardo Hernández.
Árbitros: Carpallo Miguélez e González Zumajo. Sen eliminados.
Parciais: 17-19, 22-11, 22-10, 27-15.
Incidencias: Partido disputado no Pavillón da Raña, Marín.