Goleada sen piedade da UD Ourense ao Pontevedra B (4-0)
Por Redacción
Dura derrota do Pontevedra B na súa visita, na antepenúltima xornada de liga, ao estadio do Couto.
O filial granate, xa descendido, terminou goleado fronte a unha UD Ourense que se xogaba a súa presenza no play-off.
Esa maior tensión competitiva terminou decantando un duelo que mantivo a súa igualdade durante os primeiros 45 minutos.
Con todo, tras o descenso, todo cambiou para os locais, que se adiantaron no minuto 54 cun gol de Luismi e que no 68, de penalti, terminaron definitivamente coa resistencia granate co 2-0 de Yelco Alfaya.
Víctor Matovu e Álex Fernández completaron a goleada nos minutos finais.
Goleada dos de Borja Fernández @BorjaFF no Couto
— En Xogo tvG2 (@EnXogo_tvG2) May 1, 2024
@UDOurense2014 4-0 @PontevedraCFSAD B
Os vermellos golearon con goles de Luis Rincón@Luismirincon9, Yelco de penalti, Víctor e Alex Fernández pic.twitter.com/ewVwspLxnG