O Domusa Teknik esperta o Arxil do soño do ascenso (55-40)
Por Almu Dapena
Non puido ser. O Club Baloncesto Arxil quedou ás portas de culminar o seu soño de ascender a Liga Challenge tras caer diante do Domusa Teknik.
O conxunto pontevedrés deu todo o que puido e máis durante toda a semana para honrar a Maite Méndez dentro da cancha e fíxoo accedendo á final deste domingo, pero foi incapaz de derrotar o conxunto vasco que asegura o seu retorno á segunda categoría do baloncesto feminino español.
E iso que foi o Arxil o que dominou o xogo a través dunha sólida defensa e boa circulación que lle permitía facerse coas primeiras rendas do choque. De feito, lograron un pequeno colchón de oito puntos que facía que o seu rival non sentise cómodo no encontro.
Con todo, o Domusa Teknik aos poucos foi recuperando sensacións e púxose por diante no marcador para xa non volver ceder, a pesar dos intentos dun equipo pontevedrés que non estivo disposto a baixar os brazos pero que foi incapaz de volver engancharse ao partido (55-40).
Consulta as estatísticas nesta ligazón
Relacionadas:
-
O Arxil reármase tras as dúas semanas "máis intensas" da súa historia
Por Diego Espiño |
-
Heroico Arxil, a unha vitoria do ascenso (58-72)
Por Almu Dapena |
-
Preparan unha homenaxe pública a Maite Méndez no CGTD
Por Diego Espiño |
-
Derrota ante o Bosonit Unibasket dun Arxil que se afasta do ascenso (61-72)
Por Almu Dapena |
-
Derrota do Arxil no inicio da fase de ascenso no seu partido máis difícil e emotivo
Por Diego Espiño |