![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/206/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjawUqrKz891Lsov0DGzMN_/_AxNjDQSU7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/66165cac11-20240409-patxot-selectivo-nacional-sprint-olimpico-piraguismo-0049.jpg)
© Mónica Patxot
"Imos a por todas", asegura Antía Jácome tras a súa clasificación para os Xogos Olímpicos de París
![Diego](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/5df/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/570532d2ea-20160329-patxot-diego-espino-1009.jpg)
Por Diego Espiño
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/c5a/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/66165ca523-20240409-patxot-selectivo-nacional-sprint-olimpico-piraguismo-0057.jpg)
© Mónica Patxot
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/626/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/66165cb5ee-20240409-patxot-selectivo-nacional-sprint-olimpico-piraguismo-0064.jpg)
© Mónica Patxot
Rodeada de familia, amigos e compañeiros. Así celebrou este mércores Antía Jácome a clasificación oficial para os que será os seus segundos Xogos Olímpicos, os de París 2024.
"Estamos súper contentas, era algo que levabamos querendo moito tempo", afirmou a pontevedresa nada máis saír da auga xunto á súa compañeira de embarcación e amiga María Corbera, á que fai tres anos deixou sen billete a Tokyo.
"Xustamente fai tres anos démonos o abrazo de que unha clasificara para os Xogos de Tokyo e a outra quedaba sen a praza e hoxe podemos confirmar esa praza xuntas que ao final nos fai moitísima ilusión porque somos un barco incrible, temos moita complicidade e estamos felices de estar xuntas. Imos a por todas", sinalou Jácome sobre o pantalán do Complexo Deportivo David Cal Pontillón do Castro.
En canto ao seu futuro en París "creo que o noso obxectivo é sacar a nosa mellor versión, o que fixemos no Mundial. Se podemos sacar o noso 100% e non é medalla eu voume a quedar moi tranquila", defendeu a pontevedresa, actual subcampioa mundial xunto a Corbera no C-2 500 metros.
Antía recoñeceu ademais que lograr certificar o billete olímpico na casa "é súper especial. Ao final temos unha chea de xente na bancada apoiando e sente xenial volver facelo aquí. Estamos felices agora mesmo", concluíu.