O Arxil xa coñece que rivais o esperan na fase de ascenso
![Diego](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/5df/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/570532d2ea-20160329-patxot-diego-espino-1009.jpg)
Por Diego Espiño
Falta aínda unha xornada para a conclusión da fase regular da Liga Feminina 2, pero o Club Baloncesto Arxil xa coñece cales serán os seus rivais no play-off.
As oito prazas para disputar o ascenso están decididas, a falta dun último encontro que pode variar algunha posición e por tanto as posibles cruces.
No Grupo A, ademais do equipo pontevedrés, clasificáronse Hierros Díaz Miralvalle Plasencia, Mipelletymas BF León e Maristas Coruña, mentres que no Grupo B as prazas son para HGB Ausarta Barakaldo, Fustecma NBF Castelló, Domusa Teknik ISB e Bosonit Unibasket.
En concreto o Arxil medirasem todo apunta, a HGB Ausarta Barakaldo, Bosonit Unibasket e Mipelletymas BF León, a falta de decidir a orde dos duelos no sorteo da fase de ascenso á Liga Feminina Challenge, segunda categoría do baloncesto nacional, previsto para o martes día 16 de abril.
En canto ao play-off, disputarase do 25 ao 28 de abril no Palacio de los Deportes de Utebo (Zaragoza) con dous grupos de catro equipos. Os equipos enfrontaranse en fase de liguiña e os dous primeiros clasificados de cada grupo accederán ás dúas semifinais do domingo 28, na que se poderán en xogo as dúas prazas de ascenso para os gañadores destes partidos.