Os Ingleses avasala a un Mareantes minguado polas baixas (60-0)
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Duro correctivo para o Mareantes Rugby Club na penúltima xornada da Primeira Territorial ante o intratable líder, Os Ingleses de Vilagarcía (60-0).
Os pontevedreses, moi minguados polas baixas, non puideron nin sequera completar a convocatoria para un encontro que se disputou en Monte Porreiro polo peche preventivo do campo de Fontecarmoa.
A pesar do avultado do resultado a igualada mantívose durante os primeiros 25 minutos, tempo que aguantou a defensa lerezana as acometidas do seu rival, pero a partir dese momento a superioridade vilagarciana foi clara, con tres ensaios antes de chegar ao descanso (21-0) para completar o resultado no segundo acto.
Ao Mareantes, xa clasificado para o play-off polo título, só lle resta unha xornada por disputar, o derbi ante un Pontevedra Rugby Club que se xoga no partido definitivo a súa participación na fase final na súa primeira tempada na categoría.