Organizan por segundo ano na Xunqueira un torneo benéfico de fútbol contra o cancro
Por Redacción
Por segundo ano consecutivo, o xoven futbolista pontevedrés Javier Domínguez e o seu grupo de amigos uniuse para organizar un torneo benéfico de fútbol por Semana Santa.
Trátase da segunda edición de 'El torneo del año', que se celebrará o vindeiro martes 26 de marzo no campo de fútbol Manolo Barreiro I, na Xunqueira.
Todo o que recaden ao longo da xornada será destinado á Asociación Española Contra o Cancro (AECC).
No evento participarán 16 equipos nunha intensa xornada que arrincará ás 10.00 horas cos primeiros encontros da fase de grupos e que finalizará coa gran final ás 20.00 horas.
Segundo sinalan os organizadores, a entrada ao Manolo Barreiro será gratuíta, podendo todo o que o desexe realizar unha achega á AECC ese propio día.
Ademais habilitouse unha fila cero na conta bancaria ES43 0049 6781 1329 1603 1265 (Banco Santander) ou vía Bizum (CONTRAELCANCERPONTEVEDRA ao 06483).