Reacción do Portonovo, que gaña a domicilio ao Porriño Industrial (1-2)
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Despois de catro xornadas sen coñecer o triunfo o Portonovo volveu gañar e fíxoo a domicilio, na casa do Porriño Industrial (1-2).
Os arlequinados toman aire grazas un partido serio que encarrilaron na primeira metade cun gol de Álex Cubas e sentenciaron tras o descanso grazas a Luis Alberto.
O Porriño só puido recortar distancias cun gol tanto de penalti no último minuto do partido.
Con este resultado o Portonovo mantense na décimo cuarta posición con 32 puntos.
PORRIÿO INDUSTRIAL CF (1): Moha, Ismael, Miguel, Manu (Iago, min.80), Álvaro (Fuentes, min.73), Barciela, Pedro (Riveiro, min.57), Eloy (Adrián, min.57), Aarón, Enrique, Javi Prieto.
PORTONOVO SD (2): Alejo, Dopazo, Suso Martínez, Iván Renda, ÿscar García (César, min.78), Víctor, Suso Vidal (Piñeiro, min.82), Gándara, Luis Alberto (Brian, min.79), Nacho, Álex Cubas (Marcos, min.84).
Árbitro: Fernández Lodeiro (Santiago). Amoestou a Enrique e Barciela nos locais e a Gándara, Víctor e ÿscar García nos visitantes.
Goles: 0-1 Álex Cubas, min.35; 0-2 Luis Alberto, min.64; 1-2 Javi Prieto de penalti, min.89.
Incidencias: Partido disputado no campo de Lourambal, Porriño.