Marcos Mayo e Lorena García impóñense no VIII Dúatlon Cross Concello de Poio
Por Redacción
A climatoloxía puxo da súa parte para que Samieira gozase dunha intensa mañá deportiva coa oitava edición do Dúatlon Cross Concello de Poio.
O deportista do club local Monte Abaixo, Marcos Mayo, proclamouse vencedor en categoría masculina tras liderar nunha proba que liderou dende o inicio, mantendo a raia a Darío Manuel Otero e Miguel Ángel Arias (ambos os dous do Team Corbelo), segundo e terceiro respectivamente.
Pola súa banda Lorena García, do Mar de Vigo, impúxose entre as rapazas nunha carreira feminina marcada pola escasa participación.
Ademais Manuel Abreu (Mar de Vigo) adxudicouse a categoría júnior e Belén Lemat (Cidade de Lugo Fluvial) e Miguel Ángel Arias (Team Corbelo) as de veteráns.
O título por equipos foi para o Team Corbelo, nunha proba que pechaba o Circuíto Galego de Duatlón Cross.