O Pombal sucumbe ao pulo do Peixe Galego no derbi da Adecco Prata (67-73)
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
O derbi entre Xuventude Cambados e Marín Peixe Galego tívoo todo, un grande ambiente nas bancadas do pavillón do Pombal e emoción ata o último minuto na cancha, nun partido que se decantou para o lado visitante nos últimos instantes (67-73).
Antes do bo último cuarto 'peixe' o encontro caracterizárase pola igualdade e as alternativas no marcador.
Empezaron mandando os de Marín, que se mantiveron por diante ata o descanso pero sen conseguir abrir oco (28-33).
Pola súa banda os amarelos saíron máis intensos tras o intermedio para dar a volta ao electrónico no terceiro acto, un pulo que se viu diluído no cuarto definitivo ante a solvencia dos visitantes nas accións clave.
Así o Peixe Galego corta a súa xeira negativa de resultados para situarse na décima praza da clasificación da Adecco Prata, un posto por diante do Xuven, undécimo.
XUVENTUDE CAMBADOS (67): Orellano (2), Alberto Rodríguez (12), Norman Rey (13), Merino, Taylor García (16) -cinco inicial- Diop (8), Ander García (2), Vaquero (4), Mato (10), Rafa Wildner, Oubiña.
MARÍN PEIXE GALEGO (73): Manu Ferreiro (9), Lucho Fernández (15), Gregorio Adón (14), Aramburu (7), Homs (12) -cinco inicial- Darío Suárez, Luis González, Cedric Belemene (2), Dirugeris (5).
Árbitros: Vázquez García e Zamora Rodríguez. Sen eliminados.
Parciais: 11-16, 17-17, 20-13, 19-27.
Incidencias: Partido disputado no pavillón do Pombal, Cambados.