O remeiro marinense Xián Gutiérrez, ouro no Campionato de España de Longa Distancia
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
O Club de Remo Ría de Marín celebra o resultado conseguido por un dos seus deportistas a fin de semana no Campionato de España de Longa Distancia celebrado en Castrelo de Miño.
Xián Gutiérrez brillou no encoro ourensán, no que se deron cita máis de 500 remeiros e oito selecciones autonómicas.
Gutiérrez proclamouse campión de España cadete nunha regata que contou con 5.500 metros de percorrido, mentres que os seus compañeiros Anxo Blanco e Xairo Rivadulla foron oitavos nas embarcacións dobres.
Iso sucedeu o sábado, mentres que o domingo produciuse a competición de seleccións autonómicas, na que o Ría de Marín achegou seis remeiros.
Nesta competición Xián Gutiérrez sumou dúas medallas de bronce pola súa participación nos barcos de equipo, mentres que Anxo Blanco e Xairo Rivadulla foron quintos. Ademais en idade xuvenil Saioa Iglesias e Niobe Barreiro foron cuartas do mesmo xeito que Breogán Fariña.