Clara derrota do Balonmán Pontevedra ante o Luceros (24-36)
Por Redacción
O Balonmán Pontevedra viuse claramente superado polo segundo clasificado da Primeira Nacional, o Luceros, nun partido con dúas metades ben diferenciadas (24-36).
O conxunto lerezano aguantou o tipo ante o filial do Cangas nunha primeira parte marcada por ao igualdade (13-14 ao descanso) pero sucumbiu á volta de vestiarios ante o maior acerto visitante.
Con este resultado o Balonmán Pontevedra queda na décima praza de clasificación con 11 puntos.
BALONMÁN PONTEVEDRA (24): Anxo, Jorge Rodríguez (4), Domato, Fernando Rey (4), Suárez, Pablo Galán, Alberto Santiago, Garrido (2), Daniel Gómez (1), Soliño (7), Iglesias (5), Gonzalo García (1), Urtaza, Gonzalo Eloy López.
LUCEROS (36): Dopazo, Menduíña (7), Amarelle (8), Rial, Barreiro, Camiña (2), Fontenla (2), Lagoa, Molanes, Manuel Ángel Iglesias (1), Krook (1), Soage (3), Pumar (4), Veloso (8).
Árbitros: Vega Gemio e Benegas García (Extremadura). Excluíron a Jorge Rodríguez (2), Garrido (2) e Daniel Gómez (1) nos locais e a Pumar nos visitantes.
Parciais: 2-2, 5-6, 7-8, 8-8, 10-11, 13-14, descanso, 14-18, 16-22, 17-25, 18-30, 22-33, 24-36.
Incidencias: Partido disputado en el Pavillón Municipal dos Deportes de Pontevedra.