Un mal terceiro cuarto condena o Xuven en Ávila (61-54)
Por Redacción
A falta de acerto cara o aro rival, cunha baixa porcentaxe de acerto no tiro, foi demasiada lousa para o Xuventude Cambados na súa visita ao equipo abulense do Grupo Eulen El Bulevar (61-54).
Os amarelos malia todo mantivéronse preto no marcador ata despois do descanso grazas ao notable traballo defensivo, pero os de Yago Casal víronse superados claramente nun terceiro cuarto que ao cabo resultou definitivo (18-8 de parcial).
No último período os de Yago Casal intentaron meterse de novo no choque, sen embargo malia que apertaron o marcador non lograron dar caza ao conxunto local.
Con esta derrota o Xuven queda na décima praza cun balance de seis partidos gañados e nove perdidos.
EL BULEVAR (61): Justo (3), Herrero, Marzo (6), Méndez (16), Fernando Fernández (5) -cinco inicial- Makonda (2), Simek, Arturo Fernández (17), Camino, Duty (12).
XUVENTUDE CAMBADOS (54): Orellano (6), Alberto Rodríguez (15), Mato, Merino (5), Taylor García (10) -cinco inicial- Mamadou Diop (9), Ánder García, Vaquero (3), Norman Rey, Wildner (4), Oubiña (2).
Árbitros: Morales García-Alcaide e Blanco Castello. Eliminaron por faltas aos locais Makonda e Herrero.
Parciais: 15-13, 13-12, 18-8, 15-21.
Incidencias: Partido disputado no Centro de Usos Múltiples Carlos Sastre de Ávila.