O Arxil pon contra as cordas ao colíder Ensino pero acaba cedendo (67-72) nun apertado partido
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Coma se dun 'déjà vu' se tratase, o Club Baloncesto Arxil volveu poñer en apertos, por terceira xornada consecutiva, a un dos colíderes da competición, esta vez o Durán Maquinaria Ensino, pero o resultado foi o mesmo, un apertada derrota (67-72).
As verdes seguen demostrando que son capaces de competir ante calquera conxunto e ante as luguesas, esta vez actuando de locais, saíron sen complexos para dominar claramente o primeiro cuarto (22-10) e chegar aínda en vantaxe ao descanso (33-30).
Non obstante un pésimo terceiro cuarto das de Mayte Méndez, que só lograron anotar seis puntos, situounas ao bordo da derrota (39-57).
Nada máis lonxe da realidade porque as verdes non se renderon e lograron empatar o choque a falta de dous minutos (63-63), pero non foron capaces de culminar a remontada quedando de novo a un paso de dar a sorpresa da xornada.
Tras este resultado o Arxil cae ao oitavo posto da clasificación e ve achegase a zona de play-off pola permanencia.
CB ARXIL (67): María Centeno (8), Ana Martín (4), Carla Fernández (2), María Lago (24), Minata Keita (19) -cinco inicial- María Martínez, Natalia Soage, Sandra Entenza (3), Fany López, Jara Tuda (2), Andrea Carrera (5).
DURÁN MAQUINARIA ENSINO (72): Sara Cuiña (4), Yaiza García (24), Alejandra Rieggardo (2), Verónica Matoso (11), Mireia Navarrete (20) -cinco inicial- Marta Lema (4), Laura Muñoz (3), Rocío Varela (2), Tamara Montero (2).
Árbitros: Castro Rodríguez e Rilo Antelo. Eliminaron por faltas a María Lago nas locais e a Sara Cuiña e Tamara Montero nas visitantes.
Parciais: 22-10; 11-20; 6-27; 28-15.
Incidencias: Partido disputado no Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra.