![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/a6f/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MgJyq/Lzc52L8gt0zCwMdI_/_wNDHSSU/NKUot0SvILlKxrAQ==_/658d5130cb-photo-2023-12-27-20-26-59-16-453868-.jpg)
© Imua Paddle Surf Club Aguete
Unha dobre campioa do mundo forma á canteira do paddle surf de Aguete e Sanxenxo
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/f97/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/658d519ece-photo-2023-12-27-20-26-59-8-453886-.jpg)
© Imua Paddle Surf Club Aguete
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/36f/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/658d51acd5-photo-2023-12-27-20-26-59-10-453890-.jpg)
© Imua Paddle Surf Club Aguete
Esperanza Barreras, dobre campioa do mundo de pádel surf en carreira técnica e longa distancia, ofreceu en Marín unha clase mestra aos deportistas de dous clubs locais, o Imua Paddle Surf Club Aguete e o club Paddle Surf Sanxenxo.
Así, os deportistas puideron gozar dunha xornada cunha charla técnica e nutricional, seguida dunhas prácticas na auga e tiveron ademais a oportunidade de ter entre as súas mans as catro medallas de ouro obtidas por Esperanza nos dous últimos mundiais.
Segundo a campioa do mundo, a canteira de Aguete e Sanxenxo "está xa nun nivel moi alto e cunha progresión brutal", polo que augurou que pronto poderemos velos no circuíto nacional, relacionándose cos mellores deportistas a nivel nacional.
A xornada tivo dous momentos emotivos, xa que por unha banda inauguráronse as instalacións deste novo club marinense e, doutra banda, homenaxeouse a Esperanza Barreiras polo seu apoio ao paddle surf galego e o seu compromiso coa canteira.