Derrota en Vigo do Mareantes nun partido marcado polas difíciles condicións meteorolóxicas (24-17)
Por Redacción
O Mareantes Rugby non puido cun reforzado filial do Vigo Rugby nun encontro marcado polas difíciles condicións meteorolóxicas (24-17).
O conxunto vigués, consciente de que estaba en xogo a segunda praza, reforzouse con varios xogadores do equipo de División de Honra, logrando dous polémicos ensaios nos primeiros minutos de partido que lle puxeron de cara o choque.
A pesar da derrota os pontevedreses lograron sumar un punto por bonus defensivo que lle permiten manterse igualados a puntos co Vigo Rugby B na clasificación da Primeira Territorial Galega, aínda que caendo á terceira praza.