"Hecho a mano", o novo espectáculo de Pantomima Full, poderá verse en Pontevedra
Por Alejandro Espiño
Tres serán as cidades galegas nas que recalará a xira de Hecho a mano, o novo espectáculo de Pantomima Full, o dúo cómico formado por Rober Bodegas e Alberto Casado. Unha delas, xunto a Santiago e Vigo, será Pontevedra.
Actuarán no auditorio de Afundación o venres 18 de outubro do próximo ano. As entradas, a pesar de quedar case un ano, xa están á venda na plataforma Ataquilla.com.
En Hecho a mano, Pantomima Full promete seguir polo mesmo camiño que lles levou ao éxito cos seus dous anteriores espectáculos en directo e cos seus vídeos en redes sociais.
Será hora e media de monólogos sobre os temas dos seus vídeos e sketches cos seus personaxes, mostrando aos espectadores en directo a fórmula do seu éxito.
Rober Bodegas e Alberto Casado son un dúo cómico que interpreta arquetipos sutís e tronchantes en vídeos curtos, masivamente compartidos en redes sociais. Teñen o súperpoder de sintetizar calquera aspecto da sociedade en 50 segundos.
As súas parodias son moi reais, tiran de estereotipos e xogan coa pose, ríndose das traxedias da súa xeración cun humor moi seu: absurdo áxil, directo e breve.