Gold & Colt, a banda de folk americano con sabor a terra pontevedresa, presenta o álbum 'Old Fashioned'
![Anxo](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/022/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/6683d39821-a.jpg)
Por Anxo Lourido
Gold & Colt presenta un novo traballo que leva por título 'Old Fashioned', un disco no que se ofrecen historias e sentimentos a través dun son americano de raíz.
A banda executa ese son característico relacionándoo con outros estilos ao empregar arranxos de jazz, delta blues e rock&roll, ademais de estruturas country e letras que describen como "furiosas".
O álbum está gravado en directo e reflicte o carácter da nova formación, despois dos cambios na batería e do vocalista. Os novos temas van desde a melancolía de 'My own shoes' a cortes máis agresivos como 'Not my place' nos que se recolle sabor a terra, óxido e madeira.
Gold & Colt naceu no ano 2014 entre Pontevedra e Bueu. Xa ten publicados tres discos e a banda está formada por músicos veteranos de Pontevedra, Bueu, A Guarda e Santiago de Compostela.