Exposición pictórica na UNED de 18 integrantes da Asociación Artístico-Cultural de Pontevedra
Por Redacción
Este luns 22 de maio ás 20.00 horas inaugurarase no Centro Asociado da UNED en Monte Porreiro unha exposición con obras de 18 artistas pertencentes á Asociación Artístico-Cultural de Pontevedra.
Ao acto acudirán María del Carmen Gago Florenti, presidenta do colectivo artístico, e Rafael Cotelo, coordinador de Extensión Universitaria e Actividades Culturais da UNED de Pontevedra.
As obras ofrecen unha variada temática e tamén diversos estilos pictóricos, dentro da variedade que ofrecen os autores: Cajete, Ángeles Fondevila, Carmen Álvaro, Carmen Gago, Carmen Martín, Dalia Ponte, Elena Fernández de Dios, Eulogio Tordesillas, Isabel Leyes, Laureano Troitiño, Lola Couto, María José Pérez, María Teresa Calvo, María del Carmen Payo, Mauricio Rodríguez, Pili Soliño, Violeta Tasende e Zsuzsi Kan.
A Asociación Artística-Cultural de Pontevedra, creada en 1996, está formada por setenta persoas asociadas, principalmente pintores pero tamén se inclúen poetas e creadores en distintas artes como a fotografía, literatura ou escultura. O colectivo realiza mostras anuais como 'Veranee con arte' en colaboración con establecementos comerciais do centro da cidade do Lérez e publica semestralmente a revista 'Contrastes' desde 1998, entre outras actividades.
A mostra poderase visitar ata o 12 de xuño nas instalacións da UNED.
Relacionadas:
-
A UNED presenta os once cursos formativos para este verán en Pontevedra
Por Redacción |
-
A UNED programa once cursos formativos para este verán en Pontevedra
Por Redacción |
-
A UNED Pontevedra celebra este venres o Día das Letras Galegas co espectáculo "Latitudes"
Por Redacción |
-
O xurado falla as curtametraxes gañadoras do "XIII Festival Visualízame Audiovisual e Muller"
Por Redacción |
-
A UNED contrata cinco mozos a través do programa "TándEM"
Por Redacción |