A serie 'A arte de ser mal pai', con guión do pontevedrés Óscar Cruz, premiada no Carballo Interplay
Por Anxo Lourido
'A arte de ser mal pai' pre-estreábase o sábado 1 de abril na sección oficial do festival de contidos dixitais Carballo Interplay e a súa presentación non puido ter mellor acollida. A nova serie de Porco Bravú, equipo integrado por Óscar Cruz e Jorge Boquete, lograba os galardóns de Mellor Serie V.O. Galego e o Premio do Público.
Este traballo conta con acento pontevedrés pola presenza de Óscar Cruz como guionista e o protagonismo do actor Xosé Manuel Esperante, residente na vila do Lérez.
Como director figura Jorge Boquete nunha produción de Miraveo. Na serie tamén participan María Costas, Fede Pérez, Sabela Arán e Marita Martínez.
Trátase dunha comedia dramática centrada nun pai corentón que debe despedirse da súa filla, interpretada por Jacoba de Llano.
Ao longo de tres días amósase a complexidade da adolescencia para facer fronte a estes tempos.
Tras este éxito, agora 'A arte de ser mal pai' iniciará un percorrido por festivais e están previstos diferentes pases en teatros e auditorios de toda Galicia.
Óscar Cruz foi colaborador de PontevedraViva Radio a través do programa La Transición e converteuse nun dos novos referentes do audiovisual do país.
Relacionadas:
-
'A arte de ser mal pai', escrita polo pontevedrés Óscar Cruz, premio Mellor Piloto no Festival Serielizados
Por Anxo Lourido |
-
RADIO.- O traballo e as metas millennial en 'La transición'
Por Marisa Ciordia |
-
RADIO.- La transición suma outro programa desde o Carballo Interplay
Por Redacción |
-
RADIO.- A transición: Un Mestre Mateo nas festas de Campolongo
Por Redacción |