Mourente perpetúa o recordo de Manuel Solla Tomé
Por Redacción
Manuel Solla Tomé foi un home que impulsou numerosas actividades na parroquia pontevedresa de Mourente e os seus veciños quixeron expresar a súa gratitude a ese traballo desenvolvido durante décadas e que, entre outros froitos, se mantén vivo na Sociedade Cultural e Deportiva que el axudou a fundar e que presidiu entre 1978 e 1984.
Os actos de homenaxe durante a xornada do sábado iniciáronse no Monte da Rodela co descubrimento dunha placa dedicada a Manuel Solla, cando se cumpre un ano do seu falecemento. Numerosos veciños acudiron a esta cita e, a continuación, ata a igrexa de Mourente con motivo da misa celebrada na súa memoria.
A homenaxe continuou no salón de actos da Sociedade Cultural e Deportiva cun recordo ao traballo desenvolvido por un hombrre que tamén presidiu a Comunidade de Montes da parroquia ata o ano 2003, ademais de crear o Grupo de Teatro Xenio na década dos setenta. Amante da música, durante os últimos anos da súa vida tamén presidiu a coral Voces Amigas, que interpretou varias pezas nesta emotiva cita.