O documental 'CoraSons' preséntase este sábado no Centro Social do Mar de Bueu
Por Redacción
O Centro Social do Mar de Bueu acolle este sábado a presentación do documental musical CoraSons. A entrada é libre e neste evento estará presente o guionista e director audiovisual Paco Abelleira, acompañado pola cantante galega de orixe palestina Najla Shami, que interpretará varias cancións incluídas no espectáculo no que está baseado este traballo e que a editorial Kalandraka recolleu nun libro-cd-dvd.
Neste traballo artístico que contén 19 temas pódense apreciar textos e fotografías sobre o proceso creativo que naceu do encontro nunha rede social da portuguesa Isabel Leal coa cantante galega Uxía.
No documental aparecen ata corenta artistas entre os que destacan Budiño, Carlos Blanco, o brasileiro Sergio Tannus, Pierre Aderne ou a propia Najla Shami.
O acto comezará ás 19:30 horas.