Isaac Xubín presenta un espectáculo poético na Casa das Campás
Por Redacción
O poeta Isaac Xubín ofrece este xoves 26 de decembro ás 20 horas no salón de actos da Casa das Campás un espectáculo poético que está baseado en tres momentos que xiran ao redor de tres experiencias persoais relativas a nomes propios. Cada parte atópase precedida dunha pequena introdución con referenzas a clásicos galegos e rematan cun recitado da súa obra e unha peza ad hoc interpretada con flauta e con whistle.
Isaac Xubín é un poeta singular moi afeccionado ao deporte. Xogou ao rugby no Mareantes de Pontevedra e na Universidade de Vigo. Tamén practica o fútbol gaélico co que levou as cores da selección galega no encontro internacional Galiza-Bretaña.
Como creador publicou varias obras de poesía: Elementos de matemática (2002), Lisboa (2004) e Con gume de folla húmida (2012), obra coa que obtivo o premio da XXIV edición do Certame Eusebio Lorenzo Baleirón. Tamén acadou os dous primeiros premios do certame Os Viadutos de Redondela con traballos de narrativa curta como Chàteau Bobcat (2009) e Le pied de Julien DuPuy (2011). Tamén é autor dun diccionario bilingüe galego-éuscaro.
O acto está organizado polo Ateneo de Pontevedra.