A banda meisina Calle del Ruido estrea o seu novo single: "Non son o único"
O grupo de rock metal Calle del Ruído únese aos portugueses Xutos & Pontapés para lanzar o seu novo single baixo o nome de Non son o único. A canción está dispoñible desde este xoves 9 de febreiro en todas as plataformas dixitais do grupo.
Calle del Ruido é unha banda de rock orixinaria do municipio pontevedrés de Meis que conta con máis de trece anos de traxectoria ás súas costas.
Está composta polo seu vocalista e guitarrista Tomi, Kike na outra guitarra ademais do teclado e o sintetizador, o baixista Óscar e o batería Gian.
En todos estes anos, o grupo fusionou música rock, metal e sintetizadores, pero sempre baixo un estilo moi persoal.
As súas cancións tratan temas reivindicativos e sociais, alternando letras en castelán con outras en galego.
Ao longo dos últimos anos, a banda acumula máis de 200 concertos ás súas costas, compartindo escenario con grupos como Mago de Oz, Fe de Ratas, Reincidentes, Aphonnic, Moonspell e os mesmos Xutos & Pontapés.
Nesta ocasión, os meisinos abren o seu 2023 cun single en galego xunto Xutos & Pontapés, homenaxeando o rock portugués xunto a unha das grandes bandas do país veciño.
O videoclip está rodado na Casiña, estudo de gravación da banda lusa situado en Lisboa.