Despois de dous anos de parón o coro do campus recupera a súa voz
Por Redacción
Despois de seis anos de traxectoria, a pandemia provocada pola covid-19 provocou en 2020 un parón de case dous anos na actividade do coro do campus de Pontevedra.
O pasado mes de outubro o coro retomaba a súa actividade logrando reunir nestes meses un grupo 25 persoas, que, nos ensaios que levan a cabo cada semana, traballan baixo a dirección do profesor Marco Lucato na preparación dun novo repertorio.
O director lembra que continúa aberta a posibilidade de novas incorporacións nos ensaios que levan a cabo cada martes entre as 16.00 e as 18.00 horas na Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte.
As sesións combinan un bloque inicial centrado na linguaxe musical coa preparación dunha serie de pezas de diferentes épocas e estilos.
O obxectivo é que nos próximos meses a agrupación poida realizar de novo unha actuación.