Grandes clásicos do soul chegan ao Liceo Casino da man de Enclavegospel
Por Redacción
O grupo Enclavegospel ofrecerá un concerto coral este domingo 22 ás 19.30 horas no Liceo Casino en que interpretarán grandes clásicos do soul e da música negra dentro da programación do Nadal que a sociedade pontevedresa organiza con motivo destas festas.
Enclavegospel xorde en xaneiro de 2009 a través da profesora de canto Raquel Soto e comeza a súa andaina por salas de concertos e locais de Madrid pasando en pouco tempo a viaxar por toda España ofrecendo a súa visión da música gospel. O Concello de Madrid contratou ao grupo para que o 1 de xaneiro de 2012 dese a benvida ao ano novo nun concerto ao aire libre na Praza de Isabel II, xunto ao Teatro Real.
O coro está formado por máis de 20 membros, a maioría formados pola propia Raquel Soto que exerceu como cantante en musicais como 'We will rock you' ou 'Hello Dolly' acompañando a Concha Velasco.
A entrada é libre ata completar o aforamento