A Coral Polifónica de Pontevedra ofrece dous concertos de Nadal
Por Redacción
A Coral Polifónica de Pontevedra ofrecerá dous concertos de Nadal na Igrexa da Virxe do Camiño e na Residencia de Maiores de Campolongo.
Segundo avanzan desde a agrupación pontevedresa, estes concertos suporán o inicio do camiño que levará á Sociedade Coral Polifónica, fundada no ano 1925, cara á celebración do seu centenario no ano 2025.
O primeiro dos concertos celebrarase este xoves 15 de decembro, ás 20:15 horas, na Igrexa da Virxe do Camiño de Pontevedra. Desde a Coral queren agradecer ao párroco Alberto Domínguez Munaiz o seu interese en levar a cabo este concerto na súa igrexa, sendo a primeira ocasión en que a Coral Polifónica ofreza un concerto nunha "igrexa das novas", xa que adoitan cantar en santuarios do Centro Histórico. Por iso, convidan a todos as persoas que o desexen que se acheguen a desfrutar coa diferente sonoridade deste recinto.
O segundo concerto será o sábado 17 de decembro, ás 18:00 horas, no salón de actos da Residencia de Maiores de Campolongo. Dáse a circunstancia de que o director do centro, Juan José López Peña, é membro da Coral Polifónica e tamén colaborou especialmente para que as persoas maiores residentes poidan contar con este concerto. Nestes días son noticia pola iniciativa do mesmo director convidando á cidadanía para que lles envíen cartas de Nadal.
O programa constará da interpretación de "villancicos, panxoliñas e obras de música sacra".
Nestes concertos, a Sociedade Coral Polifónica de Pontevedra estará dirixida por Nanette Sánchez Ordaz e acompañada pola pianista Andrea García González. Nos mesmos, intervirán como solistas sopranos Pilar Baamonde Lusquiños e Pilar García Pinal, e como solista tenor Xosé Luís Álvarez González.
PROGRAMA 'CONCERTOS DE NADAL'
DADME ALBRICIAS . . . . . . . . . . . . . . . Anónimo, Cancionero de Upsala, s. XVI
VERBUM CARO FACTUM EST . . . . . . Anónimo, Cancionero de Upsala, s. XVI
NIÑO DIOS D’AMOR HERIDO . . . . . . . Francisco Guerrero, Cancionero de Palacio, S. XVI
O MAGNUM MYSTERIUM . . . . . . . . . . Tomas Luis de Victoria (1548-1611)
DEITADIÑO ESTÁ NAS PALLAS . . . . . Pop. Galega/ arr. A. Isorna Ríos (1914-1966)
OS ANXELIÑOS DA GRORIA . . . . . . . . Antonio Iglesias Vilarelle (1891-1971)
A FE DO CEGO . . . . . . . . . . . . . . . . . . José Verea Montero (1934-2017)
EN BELÉN . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . José Verea Montero (1934-2017)
ESTA NOCHE . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . Villancico tradicional/ arr. Tom Cunningham
PIE JESU. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .. . . Andrew Lloyd Webber 1948
CANTIQUE DE NOËL . . . . . . . . . . .. .. Adolphe Adam (1803-1856)/ arr. J. Knuth
NOCHE DE PAZ . . . . . . . . . . . . . . .. . .. Frank Gruber y Joseph Mohr/ arr. Ángel Barja