RADIO.- Pedro Simón: "nunca houbo unha era da humanidade en que nos comunicaramos tanto pero dixeramos tan pouco"
Por Marisa Ciordia
Quen pertenza á xeración 'boomer' e lesen 'Los ingratos' verían reflectida a súa infancia. Agora quen se achegue á nova novela de Pedro Simón, 'Los incomprendidos', poden ver reflectida a súa adultez. Como di a contraportada "é unha expedición memorable ao corazón dunha familia'. Unha familia cos seus sentimentos de culpa, os seus medos, os seus silencios, as súas perdas, as súas debilidades, a súa xestión das paternidades e maternidades, das adolescencias..., unha familia ficcionada, pero perfectamente real.
Charlamos en PontevedraViva Radio co xornalista, co escritor e co pai. "Nisto da maternidade e paternidade, cada un fai o que pode" di o autor, porque "vivimos con culpa moitas veces e isto ten que ver coa educación que recibimos e iso de pola culpa, pola miña culpa, pola miña gran culpa". Retrata tamén a uns adolescentes que encaixan na xeración Z e apunta: "ser pais creo que é máis complicado hoxe que nos 80 ou os 90 porque tamén é máis complicado o mundo que manexan os adolescentes, como a protagonista desta novela".
Da mochila profesional deste xornalista social saen diagnósticos como o de que "nunca houbo unha era da humanidade en que nos comunicaramos tanto pero dito tan pouco" e transcendendo do colectivo ao individuo, considera: "a mellor fotografía de cada un é o que fas despois do gran oxtiazo, o que fas despés dese momento no que caes, aí é onde se mide a calidade de cada persoa". E un terceiro: "non envellecemos tanto cando cumprimos anos senón cando deixamos que nos esmague a dor".
Todo este parágrafo anterior ten o seu reflexo na novela. Avanza no podcast 'Cara a cara' que despois de 'Los incomprendidos' se cerne unha terceira novela de "esta triloxía sentimental dos baby boomers" na que pasarán a ser os maiores das súas familias. Dá vertixe, certamente.