'O Crebanoces' regresa por Nadal para darse a coñecer ao público infantil a través de teatro de monicreques
Por Redacción
O conto navideño de Hoffmann, O Crebanoces regresa por estas datas a Vilagarcía cunha representación adaptada ao público infantil.
A actriz Larraitz Urruzola e varios monicreques escenificarán a popular historia do Crebanoces o vindeiro sábado, 14 de decembro, cunha sesión que se celebrará a partir das 12 do mediodía na sala de conferencias do Auditorio. A música composta por Tchaikovsky para este conto tamén soará na representación cuxa entrada será libre e de balde ata completar aforo.
Esta versión do conto de Hoffmann está dirixida a público familiar, de maneira que o goce será maior na medida en que acudan os nenos cos seus pais. Durante a execución da música hai pantomimas dos bonecos, e entre unha e outra parte musical hai escenas con partes faladas dos bonecos e narración cara o público.