As Festas da Peregrina beben Treixadura
Por Redacción
O escenario da Praza de España cambiou esta noite de mércores totalmente de rexistro. Se onte eran as rompedoras rimas de Fernando Costa as que facían tolear ao público máis novo, esta vez foi a música e ritmos tradicionais de Treixadura os que engancharon a uns espectadores moito máis maduros, pero igualmente entregados.
Esta agrupación que toma o nome dunha uva autóctona galega leva percorrendo os escenarios de Galicia e parte do estranxeiro desde principios dos noventa. E o seu estilo nunca pasa de moda. Música tradicional a golpe de gaita e canto. Estiveron acompañados pola Banda de Música de Pontevedra, o coro Cantigas e Agarimos e o coñecido músico Rodrigo Romaní, un dos fundadores dos históricos Milladoiro.
En Pontevedra demostraron que son un grupo asentado e con soleira. Ás súas costas suman xa seis discos e unha infinidade de colaboracións con artistas de recoñecido prestixio, algún se pasou esta noite polo escenario da Praza de España para dar unha grata sorpresa a un público, que non deixa de gozar dunhas melodías clásicas rescatadas por estes músicos do anonimato e outras moitas compostas por eles mesmos.
A lista de concertos na cidade do Lérez vaise completando. O deste mércores foi unha das últimas citas, á espera de Juancho Marqués, o venres; Ilegalos, o sábado; e o broche de ouro de Camela, o domingo. O xoves, a quenda será para o público infantil coa representación do musical O Pequeno Rei da Sabana.
Relacionadas:
-
Un incombustible Víctor Manuel amplía un día máis as Festas da Peregrina
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
Camela saca a bailar a Pontevedra
Por Cristina Saiz & Redacción |
-
"Cuarenta años después Ilegales estamos aquí"
Por Cristina Saiz |
-
A praza de España vibra co concerto de Juancho Marqués
Por Cristina Saiz |
-
A última fin de semana das Festas da Peregrina chega co rock de Ilegales e Black Stones
Por Redacción |
-
Así foi a Batalla de Flores de Pontevedra
Por Cristina Saiz & Oskar Viéitez |
-
Marcelo Dobode é profeta na súa terra
Por Redacción |
-
O 'flow' de Fernando Costa manda na Praza de España
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
O talento do Coro Encaixe pon en pé á Ferraría
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
Oito días dunhas Festas da Peregrina que serán "como as recordábamos"
Por Alejandro Espiño |