Cedofeita inaugura unha mostra sobre os camiños do Lérez no mosteiro de San Bieito
Por Redacción
A tradicional exposición que a Asociación Cedofeita vén organizando cada ano no mes de agosto no mosteiro de Lérez, leva esta vez por título: "Escenas nos camiños. Vías de comunicación de Lérez".
Na mostra ofrécese unha visión das vías de comunicación lerezás dende dúas ópticas: por un lado, sitúanse no respectivo contexto histórico; e por outro, amósanse imaxes que recollen escenas sobre esas mesmas vías.
Daquela, nos doce paneis da mostra, resultado desa combinación, pódense atopar referencias que van dende a calzada romana da Gándara ata as últimas vías como a avenida de Compostela ou o vial de Lérez a Monte Porreiro, xuntamente con estampas que, en moitos casos, evocan costumes hoxe desaparecidos.
Porque, os camiños, ademais da súa importancia económica, foron, e se cadra aínda son, escenario de diversión, lecer, devoción e amor.
A exposición estará aberta ao público de xeito gratuito desde o 5 ao 11 de agosto e haberá visitas guiadas todos os días de 19 a 21 horas, ademais dos días 5, 6 e 7 de agosto de 11 a 14 horas.
Relacionadas:
-
Cedofeita presenta o número 25 da súa revista onde se aborda a reforma da Lei de Montes Veciñais
Por Redacción |
-
Cedofeita presenta 'Historia de Lérez', un libro colectivo que analiza a traxectoria da parroquia
Por Redacción |
-
O novo mural do colexio San Benito de Lérez homenaxea a Barriga Verde
Por |
-
Cedofeita editará unha publicación sobre a historia de Lérez para celebrar o seu 25 aniversario
Por Boris Rodríguez Pintos & Cristina Saiz |