O 'chill out' da Concha pecha o ciclo 'Ás 9 na praia' con Broken Peach, Dani Barreiro e La Duendeneta
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
O ciclo de concertos e o chill out 'Ás 9 na praia', organizado polo Concello de Vilagarcía, chega este mércores 3 de agosto ao seu remate cunha xornada especial, na que se celebrarán dous concertos e varias sesións cos Dj’s da Duendeneta. O grupo Broken Peach protagonizará a actuación estelar da xornada de clausura desta 13ª edición de 'Ás 9 na praia'.
A entrada a todos os concertos que se desenvolven la Praia da Concha a través deste programa é de balde.
Broken Peach é unha banda de soul & rock, composta por tres músicos e catro voces femininas, que se caracteriza por ter creado unha nova forma de fusionar a música co espectáculo.
O músico de Carril, Dani Barreiro, presentarase nesta ocasión en formato de trío eléctrico para repasar o seu repertorio de versións de grandes éxitos. A súa actuación dará comezo ás 20 horas.
E a discoteca móbil vintage La Duendeneta retornará este mércores á praia da Concha cos DJ Maefield, Moe, Kris K Dj e Carlos Crespo.