"Las Antonias" abren o ciclo dos concertos de "Ás nove na praia"
Por Redacción
A música ao vivo regresa o venres ao areal da Concha a través do programa "Ás Nove na Praia". A banda encargada de abrir o ciclo de concertos será "Las Antonias", un grupo composto por catro mulleres da Coruña que versionan con humor e retranca coñecidos temas das décadas dos 50 e 60 do pasado século XX.
Promovido pola Concellería de Turismo, "Ás Nova na Praia" e xa un clásico do verán en Vilagarcía, unha esperada cita que ofrece un espazo de relax ao aire libre no que poder escoitar boa música gozando dos solpores na praia da Concha e saboreando, si se desexa, algún dos cócteles que se inclúen na carta do evento.
"Las Antonias" son Ana Lee, Mamen Bazarra, Gelen García e Antonia Futuprá, catro mulleres que aportan orixinalidade e renovación artística ao panorama musical galego e dan mostra do empoderamento feminino a través das súas cancións. Destripan boleros, tangos e outras delicias fundindo as súas voces entre guitarra, escobillas melódicas e un fagot.
Ao berro de "Todos somos Las Antonias!" prometen ofrecer momentos inesquecible.
O ciclo de "As nove na Praia" ábrese este xoves cunha pinchada a cargo de Maefield DJ ao que relevará o sábado Antonio Garrido. Concertos en directo e pinchadas iranse alternando ao longo dos 15 días que durará o programa municipal.