![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/ae6/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjawUqrKz891Lsov0DGzMN_/_AxNjDQSU7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/62d58ed53f-encontro-ministerio-cultura-escola-de-letras.jpg)
© Deputación de Pontevedra
A Feira do Libro de Frankfurt, trampolín para a proxección internacional da Escola de Letras
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
A Escola de Letras impulsada pola Deputación Provincial de Pontevedra e a Editorial Galaxia, que chegou á súa terceira edición, estará o vindeiro outubro na Feira do Libro de Frankfurt, a máis importante do mundo, que este ano estará dedicada a España.
Así o deu a coñecer este luns a propia Deputación despois dun encontro celebrado en Madrid entre a presidenta provincial, Carmela Silva; o director de Galaxia, Francisco Castro; e a directora xeral do Libro e Fomento da Lectura, María José Gálvez.
Esta participación supón o salto definitivo cara á proxección estatal e internacional desta iniciativa, da que a Deputación destaca que é pioneira en Galicia e unha das poucas existentes no Estado.
A iniciativa logrou o aval do Ministerio de Cultura e, logo da reunión, Carmela Silva e Francisco Castro mostraron a súa satisfacción "por un soño cumprido".
A Escola de Letras será unha das protagonistas no Pavillón de España e presentarase ao sector e aos medios alemás.
No encontro, celebrado no Ministerio de Cultura, tamén se avanzaron outras iniciativas para a proxección desta Escola como a elaboración dun proxecto, cara ao ano 2023, para levar aos Institutos Cervantes de Europa e a entidades e organismos de América Latina a Escola e tamén 'Manifesto de Soutomaior', que reúne ás mulleres da escrita galega.
A directora xeral confirmou que no último trimestre do ano visitará a provincia de Pontevedra para presentar ao sector do libro, da creación e do mundo editorial todas as axudas vinculadas ao libro e ao fomento da lectura e para establecer novos vínculos de traballo.
Relacionadas:
-
A Escola de Letras da Deputación e Galaxia preséntase na Feira do Libro de Frankfurt
Por Oskar Viéitez |
-
'Descúbreas' lanza novos temas e a 'Escola de Letras' abre as inscricións para o obradoiro de Elvira Ribeiro
Por Redacción |
-
A autora Inma López Silva imparte o primeiro obradoiro da Escola de Letras
Por Redacción |
-
O obradoiro da Escola de Letras en Pontevedra con Inma López Silva esgota as súas prazas
Por Redacción |
-
Terceira edición da Escola de Letras da man da Deputación e Galaxia
Por Redacción |