O concerto de Cali y El Dandee en Marín será finalmente gratuíto
Por Redacción
A Praza de España de Marín será finalmente o escenario do concerto que Cali y El Dandee ofrecerán no municipio o próximo sábado 23 de xullo, a partir das once da noite.
Isto é así tras o acordo alcanzado entre a promotora e o Concello de Marín para que este recital que ía ser de pagamento sexa finalmente de acceso libre e gratuíto.
A actuación ocupará o espazo da praza no que agora están as atraccións das Festas do Carme, que este martes comezarán coa súa desinstalación.
As persoas que xa adquirisen as entradas para este concerto, patrocinado polo Xacobeo, recibirán nuns días o reembolso íntegro da cantidade abonada.
Desde o Concello defenden que as Festas do Carme foron un gran éxito de convocatoria, "cun Marín cheo de día e de noite" que respondeu a toda a programación incluida nestes días de dinamización.
Co concerto de Cali y El Dandee, Marín busca que se manteña a filosofía da gratuidade na oferta de ocio que se programou para este mes festivo, cheo de actividades despois de dous anos limitados pola situación pandémica.
Relacionadas:
-
Abraham Mateo e as orquestras París de Noia e Combo Dominicano, nas Festas do Carme
Por Redacción |
-
A Gala Xacobeas abarrotou a Praza de España cun público con ganas de festa
Por Mónica Patxot & Oskar Viéitez |
-
Manuel Villanueva, no inicio das Festas do Carme: "A Marín nunca lle puiden negar nada"
Por Redacción |