Xa pode visitarse a Mostra de Cantería no Centro Cultural Xaime Illa
Por Redacción
O concello de Poio volve acoller, tres anos despois, a tradicional Mostra de Cantería. A exposición, composta por máis de 30 pezas elaboradas polas persoas que se forman na Escola de Cantería, foi inaugurada este venres.
Nesta ocasión, a colección poderase visitar nas dependencias do Centro Cultural Xaime Illa Couto, na parroquia de Raxó. A entrada é de balde.
Tal e como lembra o alcalde, Luciano Sobral, esta mostra é unha das actividades que marcan o inicio do verán en Poio e considera que "é un evento importante, xa que serve para difundir o enorme traballo que desenvolve o alumnado da escola ao longo de todo o ano".
A iniciativa impúlsase en colaboración coa Deputación de Pontevedra.