Entrega dos XXI premios de poesía do Concello de Marín
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
O Museo Municipal Manuel Torres acollía este martes 17, Día das Letras Galegas, o acto de entrega da vixésimo primeira edición dos premios de poesía Concello de Marín coa presenza da alcaldesa María Ramallo.
O xurado, formado polos poetas Ricardo Pazos Brea e Benito Piñeiro Sanjorge, decidiu que na modalidade de adultos a obra gañadora fose 'Mosaico de Versos', de Paula Dombarr, que se presentou baixo o pseudónimo Serunbe. O premio é de mil euros.
Nas modalidades escolares para primeiro e segundo de Primaria, os escolares que obtiveron o galardón foron Mael Rellán, Adriana Cambeiro y Aixa Farto
Na segunda categoría, para terceiro e cuarto de Primaria, os tres primeiros premios foron para Ramiro Bouzas Berride, Noa González e Iván Gomis. Por último na categoría cuarta, para escolares de primeiro e segundo da ESO, o primeiro premio foi para 'Bulling', de Anxela Portela; o segundo para 'Poema de galego Xián', de Xián Guitérrez Dopazo; e o terceiro para 'A primavera', de Lara Arias Allariz.
Tras o acto de entrega, que contou cunha ampla presenza de público, celebrouse un concerto de Picuíña.
Entrega dos XXI Premios de Poesía do Concello de Marín
O acto de entrega realizábase no Museo Manuel Torres coa presenza da alcaldesa María Ramallo
© Concello de Marín