O Xacobeo organizará festivais en Pontevedra e Sanxenxo e unha gala musical en Marín
Por Alejandro Espiño
Concertos do Xacobeo. Ese é o nome do programa impulsado polo Xacobeo 21-22 que prevé espallar música e espectáculo por toda Galicia con 300 artistas de primeiro nivel.
Haberá ata setenta evento musicais nas catro provincias galegas durante os próximos sete meses, con actuacións de diferentes estilos que percorrerán vilas e cidades nun espectáculo descentralizado que chegará a todos os recunchos de Galicia.
Figuras recoñecidas de proxección nacional e internacional participarán nas diferentes citas programadas para os próximos meses que, para Pontevedra, reserva o 12 de agosto para o concerto xa anunciado de Bunbury, no marco da súa xira de despedida.
Pero non será o único evento que o Xacobeo fará na cidade do Lérez. Na súa axenda está a celebración dun festival que se celebrará entre los días 16 e 18 de setembro, segundo avanzou este sábado o vicepresidente da Xunta en funcións, Alfonso Rueda.
Polo de agora non transcendeu o nome de ningunha banda ou artista dos que actuarán en Pontevedra no marco deste festival.
Antes de esa cita en Pontevedra, entre o 26 e o 28 de agosto, haberá outro festival do Xacobeo en Sanxenxo, como recta final da tempada alta estival neste municipio.
No calendario presentado este sábado inclúese ademais, o 15 de xullo, a gala Xacobeas en concerto, que formará parte da oferta festiva coa que Marín celebrará as Festas do Carme.
Dentro do ciclo Concertos do Xacobeo estarán en Galicia, entre maio e novembro, artistas como Rosalía, Luis Fonsi, Marc Anthony, C. Tangana, Imagine Dragons, Muse, Hombres G, Bunbury, Rozalén ou Placebo, así como figuras do panorama nacional como Beret, M-Clan, Taburete, Los Secretos, Coque Malla, Víctor Manuel ou Miguel Ríos, e o mellor da música galega, con nomes como Iván Ferreiro, Xoel López, Tanxugueiras ou Roi Casal.
Os interesados poden consultar a programación a partir de hoxe na páxina web concertosdoxacobeo.gal, que se irá actualizando periodicamente.
Relacionadas:
-
Beatriz Luengo substitúe a Melanie C., ex Spice Girls, no Xacobeas en Concerto de Marín
Por Redacción |
-
Música, baile, cinema e festa para iniciar xullo nunha Pontevedra "sen parada"
Por Redacción |
-
Haberá Feira Franca: os días 2 e 3 de setembro cunha edición dedicada ao río Lérez e O Burgo
Por Alejandro Espiño |
-
A Xunta executará ou activará 10,1 millóns de euros en investimentos ao longo deste ano en Marín
Por Redacción |
-
Mel C, Ana Mena, Edurne, Ana Guerra ou Tanxugueiras, na gala Xacobeas en concerto
Por Alejandro Espiño |
-
A última xira de Bunbury, un dos grandes atractivos das Festas de Verán de Pontevedra
Por Alejandro Espiño |