'Ana, también a nosotros nos llevará el olvido' represéntase o sábado 30 de abril no Pazo da Cultura
Por Anxo Lourido
Trátase dun texto asinado por Irma Correa e que, coa dirección de Mario Vega, será interpretado por Marta Viera, María de Vigo, Rubén Darío y Ruth Sánchez. Esta montaxe obtivo no ano 2019 catro candidaturas aos Premios Max e cinco Premios Réplica do Teatro Canario: mellor espectáculo, dirección, interpretación, escenografía e iluminación.
A obra narra a historia de Ana, unha muller que exerce de ama de casa na España da década dos sesenta. Está casada con Lope, un avogado que logra un posto nun Ministerio. A vida de Ana dará un xiro cando coñece a Vivian, unha fotógrafa francesa cun espírito libre que lle fará reformularse as súas directrices diarias. A través desta proposta ofrécese unha mensaxe feminista e reivindicativa.
As entradas atópanse á venda a través de Ataquilla. Esta función forma parte da Tempada teatral organizada pola concellería de Cultura de Pontevedra no Pazo da Cultura.