A colección permanente do Museo incrementará as visitas guiadas gratuítas durante a Semana Santa
Por Redacción
O Museo de Pontevedra incrementará a actividade dirixida ao público durante a Semana Santa poñendo a disposición máis sesión de visitas guiadas aos seus fondos da súa colección permanente. Así mesmo, as Ruínas de San Domingos permanecerán abertas con entrada libre.
Todas aquelas persoas que queiran coñecer máis polo miúdo ‘os básicos’ do Museo no Edificio Castelao poderán facelo nun itinerario xeral que falará sobre as pezas máis singulares de cada unha das salas: dende a historia do Tesouro de Caldas, a Virxe Branca, a louza de Sargadelos do século XIX, a obra dos integrantes da xeración doente, dos renovadores e tamén de Castelao.
Estas visitas realizaranse todos os días da de Semana Santa, de martes a domingo, ás doce do mediodía, e tamén o martes e o mércores ás seis da tarde, non sendo preciso inscribirse previamente.
Por outra banda, están abertas dende o pasado 15 de marzo as Ruínas de San Domingos e permanecerán accesibles ao público ata o 31 de outubro. O horario de visita é de 10 a 14 horas polas mañás e de 16 a 19.30 horas polas tardes de martes a sábados, e de 11 a 14 horas os domingos, estando pechadas os luns como todos os edificios do Museo. A diferenza do ano pasado durante a pandemia, a entrada será libre (sen restricións de capacidade salvo por cuestións de seguridade) e sen necesidade de inscrición previa nin para realizar a visita libre nin para a guiada (xoves ás 12 horas).
Relacionadas:
-
O Museo de Pontevedra inicia o 2022 batendo o récord de afluencia dos últimos sete anos
Por Redacción |
-
A Deputación busca financiación europea para os edificios do Museo
Por Oskar Viéitez & Diana Eiras |
-
Cando os perfumes trascenden máis aló dos frascos e pasan a ser pezas de arte
Por Redacción & Mónica Patxot |